O Deporte Galego recoñece o traballo de Miguel Méndez

A Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez; recibiu este luns ao técnico galego Miguel Méndez para felicitalo pola súa temporada, na que se convertiu no primeiro adestrador galego en acadar un título europeo a cargo do Ekaterimburgo ruso.

Xunto ao Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; conversaron tamén sobre Baloncesto Feminino e deporte en etapas de formación; compartindo as experiencias pasadas e presentes sobre a cancha do técnico vigués.

A Secretaria Xeral trasladoulle, ademáis da súa felicitación pola inesquecible temporada europea vivida polo seu equipo; a maior das sortes para o seu futuro, remarcándolle a gran representación que supón para o Deporte Galego.

Homenaxe do Baloncesto galego
Miguel Méndez agradeceu as verbas da Secretaria Xeral nunha fin de semana na que tamén recibiu o aplauso e recoñecemento dos seus compñaeiros, os adestradores galegos, e de todo o noso Baloncesto.

No marco do “Día do Adestrador”, celebrado este domingo, 10 de xuño; en A Coruña; a Federación Galega de Baloncesto, representada polo seu Presidente, Francisco Martín; e o Director Deportivo, Carlos Colinas; quixeron facerlle entrega dun simbólico detalle e trasladarlle con este o orgullo que supón o seu traballo para todo o Baloncesto Galego.

miguel mendez

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram