O Curso de Nivel 1 FGB: un reto de compromiso e aprendizaxe de calidade

A Escola Galega de Adestradores (EGA) mantén activo o proceso de inscrición para o novo Curso de Nivel 1 FGB.

Ata o 26 de xullo, continuarán recibíndose solicitudes de preinscrición para un reto do que coñece ben todos os detalles o xefe de estudos da EGA, Chete Pazo.

Dende o seu papel como referencia importante para o Curso N1, que comezará en setembro; comparte con nós o que será esta oportunidade única de aprendizaxe,  e deixa bos consellos a todos aqueles adestradores e adestradoras que pensan afrontala.  

– Para aquelas persoas interesadas en realizar a formación, podes detallarnos que van a atopar neste renovado curso de Nivel 1?

Unha formación completa e adaptada ás necesidades específicas das categorías nas que poderán adestrar unha vez superado o curso. 

Este curso está pensado para as etapas iniciais, ademais o seu currículo está dentro do marco normativo actual. 

– A formación iníciase en setembro, cunha parte presencial que se poderá vivir en “burbulla” nunha mesma sede, no Concello de A Estrada. Outorga esta circunstancia un plus a esta etapa do curso?  

Pensamos que, neste nivel, a parte presencial é imprescindible, hai clases que é moi importante que se impartan en pista, porque esa é a realidade que se van a atopar no seu día a día despois. Tamén está a parte de convivencia e de contactos que proporciona este punto de encontro.

– Os novos cursos chegan tamén cunha plataforma online FGB totalmente renovada. Que peso terá no decorrer do curso?

Será unha ferramenta que nos vai a permitir que se poida dar todo o volume de horas que marca o decreto, dun xeito eficaz e sobre todo cómodo para o alumnado. É unha plataforma deseñada para educación na que dentro do itinerario de aprendizaxe se desenrolarán en paralelo dúas modalidades: Clases presenciais “on line”, e aula virtual. Polo que definitivamente a plataforma terá un peso importante neste curso

– Como xefe de estudos, que características, á hora de afrontar un curso desta entidade, valoras nos profesores? E nos que serán os alumnos? 

Hai unha característica común aos catro titores responsables das áreas do bloque específico, somos  profesionais de educación,(profesores de secundaria e de primaria) totalmente familiarizados con programacións didácticas, metodoloxías activas e ferramentas de avaliación. O resto de profesorado que impartirá clases no curso son adestradores cunha ampla experiencia, e contaremos tamén con adestradores que actualmente están na elite do baloncesto nacional. 

Respecto ao alumnado, as características creo que serán as mesmas dos participantes nos cursos de nivel 0 impartidos nos últimos anos, polo xeral, xente bastante nova, pero con moitas gañas de aprender e formarse e con un gran interese e paixón polo baloncesto 

– Coñecendo o nivel de esixencia da formación FGB, que recomendación trasladas a aquelas persoas que van a realizar o Curso Nivel 1?

En primeiro lugar que se lean ben a guía didáctica. 

Que se organicen ben a nivel de horarios e tempo de dedicación ao curso

Que traten de levalo o máis ao día posible. (as “enchentes” de última hora para os exames e presentar traballos non son recomendables)

Que o afronten con ilusión e moitas ganas porque estou convencido de que vai a ser moi proveitoso.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram