O criterio arbitral, protagonista da formación impartida polo CGAB en A Coruña

O CGAB reforza as súas actividades formativas. Repartindo os seus esforzos ao longo das sete delegacións FGB, os técnicos responsables de cada zona non desaproveitan as oportunidades de convocar a colexiados e oficiais e mesa e, xunto a eles, repasar e debate sobre diferentes conceptos.

A última destas citas tivo lugar este mércores, 28 de novembro, na Delegación de A Coruña, e correu a cargo do colexiado do grupo 1 FEB, Daniel Pazos.

O criterio arbitral foi neste caso o tema protagonista, unha materia que permitiu estender a sesión formativa durante 90 completos minutos, que, dende o comité zonal, esperan poder repetir en vindeiras datas.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram