Este luns arrincaou na CoruƱa o #CopaTourCaixaBank, un percorrido que achega o trofeo da Copa do Rei a todos os amantes do baloncesto. Participar neste tour, ademais, ten premio: material da marca deportiva Under Armour e un abono dobre para a Copa do Rei A CoruƱa 2016.
A Copa do Rei A Coruña 2016 arrincarÔ o próximo 18 de febreiro. Pero antes, vivirÔ unha das súas primeiras actividades paralelas, co inicio do #CopaTourCaixaBank, que percorrerÔ durante tres semanas 11 municipios da nosa Comunidade.
Este percorrido nace coa vontade de achegar o trofeo da Copa do Rei a todas aquelas persoas amantes do baloncesto que queiran formar parte dun gran evento como este.
Empezando na CoruƱa e pasando por Culleredo, Betanzos, Ferrol, Carballo, Lugo, MarĆn, Ribeira, Pontevedra, Ourense e Santiago de Compostela, o trofeo da Copa do Rei viaxarĆ” por Galicia para achegarse a todos os afeccionados.
Todos aqueles que participen no tour e fotogrƔfense co trofeo, poderƔn participar nun sorteo semanal que se celebrarƔ a travƩs de Twitter e que terƔ como premio material da marca deportiva Under Armour (provedora oficial da Copa do Rei) e un sorteo final no que se poderƔ gaƱar un abono dobre para poder vivir en directo a Copa do Rei A CoruƱa 2016.
Para iso só haberÔ que subir a foto co trofeo, acompañada co hastag #CopaTourCaixaBank, e seguir a @ACBCOM (Ver condicións do sorteo en www.copadelreyacb.com)