O #CopaTourCaixaBank, un percorrido que achega o trofeo da Copa do Rei a todos os amantes do baloncesto e que percorre estes días toda a nosa Comunidade, realizou este domingo, 7 de febreiro; unha parada moi especial no III Torneo de Seleccións Minibasket “Concello de Marín”.
No Pavillón de A Raña, as seleccións minis de Castilla León, Euskadi, Asturias e Galicia gozaron este domingo da ocasión de ollar en primeira persoa tan especial trofeo, tendo a posibilidade de inmortalizar en imaxes a súa experiencia.
Os xogadores e xogadores das oito Seleccións presentes en Marín reuníronse ao carón da Copa para compartir intres de conversa e sorrisos, acompañados ademáis polos árbitros CGAB presentes no torneo e polo Presidente FGB, Francisco Martín; a Alcadesa de Marín, María Ramallo; e o Concelleiro de Deportes, Antonio Traba.
Sen dúbida, maiores e máis novos desfrutaron da visita!