O COB conquista o soño ACB

(Foto: Club Ourense Baloncesto)

(Foto: Club Ourense Baloncesto)

Recen rematado o quinto encontro dunha serie de playoffs inesquecible, Club Ourense Baloncesto faise co trunfo decisivo ante Ribeira Sacra Breogán e, gracias a este, co dereito a regresar á Liga ACB na vindeira temporada 2015 – 2016.

Desde esta Federación Galega de Baloncesto enviamos a nosa máxima felicitación a Club Ourense Baloncesto por esta conquista para toda a súa cidade e para o Deporte Galego. Parabéns a equipo, cadro técnico, directiva e afección. Todos forman parte desta vitoria sumamente especial.

Por suposto, trasladar tamén o noso recoñecemento a C.B. Breogán e a toda a súa estrutura, dende xogadores ata seareiros. Impecable a súa aposta por buscar o premio do ascenso ata o final.

Ambos equipos, e todo o que representan, converteron este playoff en líder de emoción, xogo, deportividade e mesmo de audiencias a través de FEBTV, Telemiño, La Región e El Progreso. As cifras de espectadores dan boa conta de que o Baloncesto Galego está orgulloso e, sen dúbida, francamente ben representado por dous equipos históricos da nosa Comunidade.

A desfrutar do vivido e do conseguido. A festa non debe acabar aquí! 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram