O Concello de Maceda aposta polo “3X3 MINIBASKET”

A Delegación FGB en Ourense estrea neste 2014 o seu renovado plan deportivo no que á competición 3×3 minibasket se refire. 

Coa colaboración do Concello de Maceda, e vendo crecer o proxecto 3×3 para categorías base que iniciara no ano 2012, a zonal FGB promove para a mañá deste domingo, 26 de xaneiro; unha convocatoria competitiva dentro deste ámbito.

Baixo a mesma, Divino Maestro, Carmelitas, Salesianos, ABO, Padre Feijóo e o propio club local, Maceda; serán os protagonistas dun total de 40 encontros de categoría mini a disputar no Pavillón Municipal da pequena vila ourensá. 90 xogadores e xogadoras renovarán así os obxectivos do formato 3×3, tradicional aliado do Basket Base na zona de Ourense.

No calendario que achegamos detállanse o programa concreto de xogo desta “xornada dominical 3×3”, así como as principais instrucións deportivas para o devir dos mesmos.

“3×3 Minibasket. Maceda, 26/01/14

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram