A temporada 2018 – 2019 pasa xa do seu ecuador e toca facer análise. O Comité Galego de Árbitros reuniuse este martes, 26 de marzo; con este obxectivo e en prol de seguir afinzando a súa liña de traballo.
Citados os diferentes responsables arbitrais das sete delegaciñons zonais, así como os organizadores das accións formativas; O Director Técnico CGAB, Miguel Ángel Pérez; convidounos a realizar en persoa a análise pertinente do traballo de promoción, captación e cursos de iniciación realizado ata este momento.
Así mesmo, coa presenza tamén nesta avaliación do Presidente FGB, Francisco Martín; e da Secretaria Xeral, Susana Fernández; fixóse fincapé nos puntos forte e febles das tarefas de designacións, no formato de dispoñibilidades e o traslado de ambos conceptos á competición.
Por parte da Dirección Técnica do CGAB tomouse boa nota do sinalado por todos os responsables e ampliouse o compromiso marcado xa en inicio de temporada para seguir crecendo.