O Comité Galego de Árbitros activa os seus cursos formativos 2018 – 2019

O Comité Galego de Árbitros comeza a temporada 2018 – 2019 apostando pola formación. De xeito inminente, e pensando en rendabilizar didácticamente este propio mes de setembro, presenta a súa primeira quenda de cursos de iniciación para árbitros e oficiais de mesa.

Formación “Presencial”
A primeira das opcións, a presencial, levarase a cabo en cada unha das sete Delegacións Zonais FGB, impartíndose de xeito gratuito e cos únicos requisitos de cumprir o horario establecido en cada caso e que a continuación detallaremos.

A inscrición en cada unha destas convocatorias debe realizarse directamente coa propia Delegación Zonal correspondente, a través do envío dos datos as direccións de contacto en cada caso.

Cursos presenciais – Delegación Zonais FGB

A Coruña

De 24/09/18 a 28/09/18 

Horario: 19.00 h – 21.00 h (día 28/09/18. Horario por confirmar)

Sede: Aula Palacio dos Deportes

Contacto: arbitroscoruna@fegaba.com

Arousa

De 24/09/18 a 28/09/18

Horario: 19.30 h – 21.00 h

Sede: Auditorio Vilagarcía

Contacto: arbitrosarousa@fegaba.com

Ferrol

De 24/09/18 a 28/09/18

Horario: 19.30 h a 21.00 h

Sede: Delegación Zonal FGB Ferrol.

Contacto: arbitrosferrol@fegaba.com

Lugo

22/09/18 e 29/09/18

Horario:

De 10.00 h a 13.00 h (Salón de Actos Casa do Deporte)

De 16.00 h a 19.00 h (Anexo Pazo dos Deportes. Pista)

Contacto: arbitroslugo@fegaba.com

Ourense

De 24/09/18 a 28/09/18

Horario: 19.00 h – 21.00 h

Sede: Delegación Zonal FGB Ourense

Contacto: arbitrosourense@fegaba.com

Santiago

De 24/09/18 a 28/09/18.

Horario: 19.00 h – 21.00 h

Sede: Delegación Zonal FGB Santiago

Contacto: arbitrossantiago@fegaba.com

Vigo

De 10/09/18 a 14/09/18

Horario: 19.30 h – 21.00 h

Sede: Delegación Zonal FGB Vigo

Contacto: arbitrosvigo@fegaba.com

Formación “Online”

A segunda das opcións, a vía online, permitirá que os alumnos se formen a distancia, co único requisito de dispor dun ordenador en cumprir un horario de aulas que o profesor disporá con eles ao inicio de curso. Este Curso materializarase a través da plataforma de formación da Federación Galega de Baloncesto entre o 17 e o 21 de setembro.

O prazo de inscrición para esta convocatoria permanecerá aberto ata o venres 14, sendo obrigatorio para tramitar a mesma seguir estes pasos:

– Pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 20 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (“Caixabank”).

– Envío de xustificante de pago a cursos.online@fegaba.com especificando datos persoais do alumno.

– Inscrición, en primeira instancia, na plataforma online FGB e, unha vez validada esta, tramitar dentro da mesma a subscrición no “1º curso de Iniciación de Árbitros e Oficiais de Mesa 2018 – 2019”.

A dirección cursos.online@fegaba.com permanecerá aberta para dúbidas en consultas respecto a este proceso.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram