O Colexio Manuel Peleteiro, sede en 2013 e 2014 dos Cursos de Adestradores da FGB

Federación Galega de Baloncesto e Colexio Manuel Peleteiro asinaron na tarde deste xoves, 24 de xaneiro; un convenio de colaboración para o desenvolvemento dos Cursos de Adestradores da entidade Federativa no marco temporal dos anos 2013 e 2014.

En virtude do mesmo, o centro educativo santiagués cederá as súas instalacións deportivas, así como as aulas que sexan precisas, de cara á realización dos Cursos de Adestradores da Federación Galega de Baloncesto. Esta colaboración será aplicable tanto para os cursos de Nivel 1 e Nivel 2, ambos de carácter autonómico; como para os Cursos de Nivel Iniciación, neste caso de ámbito zonal.

Estes tres estadios formativos para os adestradores da Federación Galega de Baloncesto veranse así beneficiados por este acordo, desfrutando da calidade e confort que o espazo físico do Colexio Manuel Peleteiro ofrece en Santiago.

A Federación Galega de Baloncesto, representada polo seu presidente, Francisco Martín, quen asinou este acordo xunto co Director do Centro, Luis Peleteiro; desexa agradecer o esforzo, colaboración e hospitalidade de toda a familia do Colexio Manuel Peleteiro. Así mesmo, remarca o positivo deste acordo para todos os adestradores en formación da nosa Comunidade.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram