O Colexio Esclavas de Jesús de A Coruña, o gran innovador do Programa “Colexios Basket Lover”

O Programa Colexios Basket Lover 2015, promovido pola FEB e Endesa, concluíu cun gran éxito de participación e o gran premio final para o proxecto “Basket Triangular”, do Colexio Esclavas de Jesús da Coruña.

(info: FEB) A segunda edición do Programa “Colexios Basket Lover” concluíu co Colexio Esclavas de Jesús de A Coruña como gran triunfador nunha gran actividade na que participaron máis de douscentos centros de toda España. O centro gañador recibirá unha dotación económica de 3.000 euros en material deportivo e unha tablet para cada alumno do proxecto.

Baixo a idea de atopar un proxecto de innovación aplicado ao baloncesto, todos os colexios participantes escolleron o seu mellor INNOBasket, no que podían concursar equipos de ata cinco estudantes. Así, a FEB e Endesa uníronse unha vez máis neste proxecto destinado a “pequenos xenios” de entre 8 e 12 anos apaixonados do baloncesto.

Se hai pouco coñecéronse os 10 proxectos finalistas e activouse a opción de votar á idea preferida a través do Facebook da FEB, agora xa se coñecen os tres colexios máis votados, que recibirán espectaculares premios.

O colexio ganador recibirá unha dotación económica de 3.000 euros en material deportivo e a cada alumno do proxecto faráselle entrega dunha tablet. Os dous finalistas recibirán 2.000 e 1.000 euros en material deportivo respectivamente e diferentes obsequios para cada alumno representante do centro. Ademais, os compañeiros de clase dos tres gañadores tamén terán premio cunha visita ao Espazo 2014, a Endesa e ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, así como a un clínic cunha das Lendas FEB.

O Colexio Plurilingüe Esclavas de Jesús (A Coruña) foi o centro que se levou o primeiro posto cun total de 1.881 votos, grazas ao traballo de Javier Castro Teijida (10 anos), Manuel Rodriguez Lago (11 anos), Carlos Andrade (11 anos), María Losada Gestal (10 anos) e Carlos Otero Ríos (11 anos), os grandes artistas da idea innovadora baixo o nome de “Baloncesto triangular”, que propoñía o seguinte nas súas propias palabras:

“Nós creamos a modalidade de “Baloncesto triangular2. Esta modalidade xógase nun campo de baloncesto triangular. O campo consta de tres canastras e poden participar tres equipos de cinco xogadores; tres de cada equipo no campo e dous de cada equipo no banquiño. Regras: tes que tirar nas dúas canastras dos equipos contrarios e si sae fóra deberá sacar o equipo da túa dereita, máis as regras do baloncesto orixinal. Estabamos todos os membros do equipo pensando ideas para facer o debuxo e ocorréusenos xuntar todas as ideas. É innovador porque pode xogar un maior número de xogadores, nun campo triangular”.

O Colexio Virgen de Olmacedo (Ólvega, Soria) quedou en segundo lugar co proxecto “Para indecisos”: un casco que por un auricular dille ao xogador o que ten que facer cando lle chega o balón. E o centro Montellano (Garciaz, Cáceres) logrou o terceiro lugar final cunhas espectaculares “Lentes grabadoras” que permiten aos árbitros gravar todo o que ven e poder rebobinar s2 teñen dúbida dalgunha decisión.

Se queres coñecer todos os proxectos, accede á web do programa: Aquí

Os 10 Colegios Basket Lover 2015 finalistas:
1 1.881 votos Colegio Plurilingüe Esclavas S.C. de Jesús (A Coruña)
2 1.773 votos CEIP Virgen de Olmacedo (Ólvega, Soria)
3 1.747 votos CRA Montellano (Garciaz, Cáceres)
4 Colexio Plurilingüe Santa María – Ourense
5 CEIP Los Cortijillos – Los Barrios (Cádiz)
6 Escola Paidos – Sant Fruitos de Bages (Barcelona)
7 CEIP Ferrer Guardia – Almería
8 CEIP Torremar – Retamar (Almería)
9 Ntra. Sra. de los Dolores – Valdepeñas (Ciudad Real)
10 Colegio Bernadette (Madrid)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram