O “Claustro docente FGB” traslada o seu contido aO campo dixital. Esta cita, celebrada o pasado 12 de outubro na vila de Sarria, coa colaboración de Concello local e de C.B. Sarria; poderá desfrutarse agora, en diferido, a través da canle da FGB na plataforma Youtube.
As catro charlas formativas orientadas a adestradores que centraron este “Claustro Docente FGB” teñen desde hoxe mesmo o seu oco propio en FEGABA TV, comezando esta oferta coa intervención ofrecida polo técnico galego Miguel Méndez baixo o título: “Defensa en distintas situación no baloncesto moderno”.
En vindeiras datas, a este espazo particular para repasar o acontecido en Sarria, engadiranse as tres restantes intervencións realizadas neste marco:
Tito Díaz: “Lecturas defensivas e ofensivas do bloqueo directo”.
Manu Santos: “Planificación técnico-táctica en microciclo de competición”.
Ricard Casas: “Construcción táctica ofensiva orientada á dirección do partido”.