O CGAB ultima os detalles para o seu Clínic de Nadal

O Comité Galego de Árbitros remata o ano 2013 xestionando a programación do seu tradicional Clínic de Nadal, cita dirixida aos colexiados galegos do Grupo 1 e que se celebra, de xeito habitual, nestas datas festivas.

Nesta ocasión, a indicada convocatoria terá lugar o vindeiro catro de xaneiro, nas instalacións do Colexio Manuel Peleteiro, en Compostela. A partir das 09.30 h desa data, 45 integrantes do Comité Galego reuniranse nesta sede para ser partícipes de diferentes ponencias teórico-prácticas e realizar as imprescindibles probas físicas e test de regras.

O Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, colexiado ACB e internacional FIBA, Miguel Ángel Pérez Pérez; será o encargado de dirixir as actividades a realizar no marco deste Clínic, estendendo a súa responsabilidade tamén como referencia para as charlas e coloquios que se levarán a cabo. Xunto a el, e compartindo tamén a tarefa de guiar as ponencias, comparecerán dous dos seus compañeiros ACB, dos que en vindeiras datas coñeceremos a identidade.

Plan de traballo
Exercicios Teóricos e prácticos, enfatizando a parcela física e cuestións como o control de partido, protagonizarán o plan íntegro de traballo da edición 2014 do Clínic, no que non faltará tampouco a convivencia.

O programa completo que afrontarán os nosos colexiados preséntase como segue:

09:30 h PRESENTACIÓN

09:45 h TEST DE REGRAS

10:30 h PROBAS FÍSICAS

11:15 h RESUMO TÉCNICO DE METADE DE TEMPORADA

12:00 h DESCANSO

12:15 h CONTROL DE PARTIDO (EXPOSICIÓN DE TRABALLOS)

13:30 h DESCANSO

13:45 h CONCLUSIÓNS

14:30 h XANTAR

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram