O CGAB traballa cos colexiados adscritos á FEB

O Comité Galego de Árbitros, comandado polo seu Director Técnico, Miguel Ángel Pérez Pérez; reuniu este pasado martes aos seus colexiados pertencentes aos Grupo 1 e Grupo 2 FEB para traballar con eles as máis importantes cuestións de mecánica arbitral e de criterio ante o inicio da temporada FEB 2013 – 2014.

Un total de 16 árbitros tomaron parte desta convocatoria, que se celebrou en horario de tarde e que contou coa colaboración dos Técnicos FEB Vicente Sanchís e Estévez Camiña, encargados ambos de transmitirlle aos presentes as instrucións técnicas emitidas pola propia FEB nas súas reunión da área arbitral levadas a cabo no mes de setembro.

Todos os participantes na cita do martes amosáronse receptivos e ben atentos a estas orientacións e directrices que lles foron propostas, culminando a actividade coa posta en común das posibles dúbidas ou cuestións ao fío do presentado.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram