O CGAB reúne a tres referentes internacionais para unha nova mesa redonda online

O Comité Galego de árbitros non detén a súa parcela formativa virutalk e promove para este martes, 9 de xuño (20.30 h); unha nova cita virtual baixo o formato de mesa redonda. Coa evolución da arbitraxe na última década como tema principal, o CGAB reunirá nas pantallas a tres convidados de máximo nivel internacional, máis que axeitados para conversar dende diferentes perspectivas sobre a temática escollida e baixo a labor moderadora do Director Técnico CGAB, Miguel Ángel Pérez.

Estamos a falar de Sarunas Jasikevicius, Alan Richardson e José A. Martin Bertrán, un trío de avalada traxectoria e moito vivido no noso deporte:

Sarunas Jasikevicius: adestrador Zalgiris Kaunas, ex-xogador con experiencia FIBA, Euroleague, NBA, ACB, NCAA.

Alan Richardson: Referee Coach Euroleague con ampla experiencia en formación e avaliación de árbitros en Euroleague e FIBA,

 José A. Martin Bertrán: colexiado ACB, ex-árbitro FIBA e Euroleague e con presenza en numerosos eventos de primer nivel: Campionatos do Mundo e continentais FIBA, Final Four Euroleague e máis de 1000 partidos en ACB.

Inscrición

O CGAB abre a participación nesta mesa redonda a todas aquelas persoas interesadas que o soliciten, previamente vía email a designador@fegaba.com cun prazo límite marcado nas 14.00 h do propio martes.

A actividade conta cun máximo de 250 prazas as cales se completarán por rigurosa orde de chegada das solicitudes.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram