O CGAB, presente na Fase Final de Liga Feminina 2

O colexiado ourensán Guillermo Rios participará nesta competición, a que decide qué dous equipos, dun total de oito, ascenden á máxima categoría do basket feminino nacional.

Ríos, vinculado ao grupo 1 de árbitros FEB e con experiencia xa en encontros de LF e LEB Plata, comparte designación oficial para esta cita con nove compañeiros maís chegados de diferentes comités autonómicos. 

Os 10 colexiados elixidos pola Área arbitral FEb deprazaranse ata Cáceres, sede da Fase Final, e alí compartirán experiencia xunto aos equipos participantes nunha competición que se estendera do 28 e abril ao 1 de maio e para a cal sete dos seus oito participantes xa están decididos.

Grupo 1: Club Baloncesto Al-Qázeres, Rivas Promete, Snatt`s Femení Sant Adriá e Ciudad de los Adelantados ou León Cuna del Parlamentarismo.

Grupo 2: Fundal Alcobendas, ADB Araski AES, GDKO Ibaizabal e Grupo EM Leganés

Estes dous grupos disputaran liguiña a unha volta e os primeiros clasificaranse para as finais, en forma de aspa (1º Grupo 1 – 2º Grupo 2 e 2º Grupo 1 – 1º Grupo 2).

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram