O CGAB percorre as Delegacións Zonais en visita técnica

A Delegación en Lugo da FGB estreou este martes 29 a primeira rolda de visitas técnicas que o Comité Galego de Árbitros realizará na presente temporada 15 – 16.

O director técnico do Comité, Miguel Ángel Pérez; reuniuse na cidade da muralla con preto de 20 colexiados e oficiais de mesa desta zonal e, en conxunto, resolveu con eles cuestións e dúbidas relativas a tarifas, sistemas de bonificacións á dispoñibilidade e en torno á planificación das futuras actividades formativas.

O responsable directo do CGAB, que estivo acompañado nesta primeira xuntanza por Juan Casal, Coordinador Técnico CGAB en Lugo e Ourense; repetirá este esquema de reunión nas restantes seis zonais FGB e farao antes do mes de decembro.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram