O CGAB materializa a súa vinculación directa con “la Caixa”

“la Caixa” é nesta 2011 – 2012 o sponsor principal das diferentes actividades deportivas e formativas da Federación Galega de Baloncesto e do seu Comité de Árbitros. A súa presenza ao carón das seleccións galegas ou no día día dos árbitros sobre a pista é xa habitual.

O Director do Comité Galego de Árbitros (CGAB), Miguel Ángel Pérez, visitou esta fin de semana as instalacións de “la Caixa” na cidade de A Coruña, intre que aproveitou para valorar cos dirixentes desta entidade a relación de patrocinio que a FGB mantén coa mesma dende o inicio desta temporada.

En concreto, Miguel Ángel reuniuse con Juan Ignacio Domínguez, responsable de Banca de Particulares, con quen departiu sobre as diferentes accións formativas que están a desenvolverse actualmente tanto na FGB como no CGAB e das que “la Caixa” é partícipe como principal apoio. De esta conversa, o resultado foron boas sensacións e mellores perspectivas.

O director técnico do CGAB aproveitou ademais este encontro para facer entrega dun pequeno detalle que simboliza a unión das dúas institucións. Unha mostra do novo modelo de camiseta dos nosos árbitros, que recolleu o propio Juan Ignacio Domínguez, serviu como agasallo para selar unha vinculación que agardemos que se prolongue no tempo.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram