O Comité Galego de Árbitros pon en marcha a programación formativa para a presente temporada. O organismo que dirixe Miguel Ángel Pérez, retoma as labores técnicas dirixidas aos seus colexiados, iniciando estas co ámbito de colexiados FEB.
Precisamente, e con este obxectivo, este martes tivo lugar a primeira reunión orientada aos 12 árbitros galegos adscritos ás competicións da Federación Española de Baloncesto.
Nesta xuntanza revisáronse as novidades correspondentes a aspectos de mecánica e criterio, así como se traballou sobre diferentes situacións de control de partido. Estas tarefas realizáronse da man do Director Técnico, que estivo acompañado polos tamén técnicos FEB Estévez Caamiña e Vicente Sanchís.