O CGAB designa aos seus representantes para o XXV Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibasket

O Comité Galego de Árbitros comunicou na mañá deste luns a designación dos seus colexiados Saray Fornos Meizoso e Adrián Iglesias Ambrosio, adscritos aos comités zonais coruñés e vigués, respectivamente, para participar no XXV Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibasket.

Os nosos dous árbitros tomarán parte desta cita entre o 31 de marzo e o 4 de abril, desprazándose co resto da expedición galega, técnicos e xogadores, a San Fernando (Cádiz), sede da competición.

Tanto para Saray como para Adrián este será o seu debut nun Campionato de España, o que xa en si supón toda unha satisfacción. Na localidade gaditana ademais de dirixir e tomar parte dos encontros entre os combinados autonómicos, veranse inmersos no habitual Clínic de Formación Arbitral que a FEB organiza no marco desta competición.

A oportunidade de seguir aprendendo, crecer como árbitros e de compartir experiencias con compañeiros chegados de diferentes recunchos de toda España agarda para ambos en terras andaluzas.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram