O Comité Galego de Árbitros celebra este sábado, 29 de decembro, o seu Clínic de Nadal, actividade destinada aos colexiados do Grupo 1 e Sub 23, e para a que tamén están citados os coordinadores técnicos zonais e informadores.
Ferrol é este ano a localidade escollida para levar a cabo esta iniciativa, habitual por estas datas e que permite establecer un control formativo e un reciclaxe de coñecementos.
Repartindo o traballo entre o Pavillón da Malata e o Hotel Carrís Almirante, un total de 66 árbitros tocarán diferentes puntos dun completo programa que inclúe tests de regras de xogo, o tradicional Course-Navette ou o sempre importante traballo de mecánica, entre outros.
A xornada dará comezo ás 10.00 h do sábado no propio polideportivo da Malata, baixo a supervisión do Director Técnico do CGAB, Miguel Angel Pérez Pérez.