O CGAB CONVIDA AOS ADESTRADORES GALEGOS A COÑECER O CRITERIO ARBITRAL PARA A TEMPORADA 2012 – 2013

O Comité de Árbitros da Federación Galega de Baloncesto convoca aos adestradores galegos a coñecer de primeira man, e a través dunha charla en conxunto, o criterio arbitral a seguir na nova temporada.

Consciente da súa responsabilidade á hora de garantir o correcto desenvolvemento das competicións, o organismo arbitral da Federación Galega desexa iniciar a tempada 2012 – 2013 compartindo cos adestradores as pautas que guiarán as diferentes ligas FGB.

E con este propósito, convida aos adestradores que o desexen a achegarse o vindeiro un de setembro ata a cidade de Lugo para formar parte dunha reunión na que o Director Técnico do CGAB exporá o criterio arbitral 2012 -2013.

A convocatoria en cuestión está programada para as 16.45 h da data indicada, sendo a sede da mesma a Residencia Abeiro, escenario á súa vez, nesa mesma data, do Clínic de Pretemporada do propio Comité.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram