O CGAB achégase aos afeccionados da ADECCO OURO

– Os afeccionados ao Ourense Termal puideron coñecer de primeira man os detalles da formación de iniciación ao arbitraxe de Baloncesto en Galicia.

– Esta acción enmárcase entre as varias que ten planificadas o Comité Ourensán dentro da súa estratexia de captación de novos integrantes.

– A predisposición e colaboración do Club Ourense Baloncesto, entidade á que o CGAB amosa o seu agradecemento, foi indispensable para a estrea desta estratexia de comunicación.

O Comité Galego de Árbitros de Baloncesto, a través da súa división zonal en Ourense, foi o centro de atención este venres, 25 de outubro, de varios puntos informativos situados nos accesos ao Pazo de Deportes Paco Paz, coincidindo a súa presenza coa celebración do partido de Adecco Ouro entre COB e Peñas Huesca.

O persoal do Comité Zonal Ourensán transmitiu a través desta acción, e contando coa atención dos afeccionados alí presentes, toda a información precisa sobre a mecánica actual que ofrece o CGAB para formarse no mundo da arbitraxe. Así mesmo, entregou aos interesados material cos datos concretos sobre o proceso de inscrición nos cursos de iniciación “on line”.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram