O CGAB achega as Modificacións das Regras de Xogo a clubs e adestradores

O Comité Galego de Árbitros, da man da área de Adestradores FGB, programan, a partir deste martes, unha serie de charlas explicativas coas actuaisRegras de Xogo e as súas modificacións como eixo central.

Marcando no calendario unha convocatoria deste tipo por cada delegación zonal FGB, os técnicos do CGAB serán os encargados de trasladar as bases e os detalles desta temática tanto aos propios colexiados galegos como aos adestradores e xogadores que desexen tomar parte.

Será, polo tanto, un programa de participación aberta a todos, que comeza mañá mesmo, martes, 12 de setembro; en Compostela, e que continuará baixo a seguinte orde:

Santiago de Compostela – 12/09/17
Sede: Instituto Rosalía de Castro. Hora: 20.00 h 

A Coruña – 13/09/17
Sede: Instalacións de Elviña. Hora: 20.00 h

Lugo – 14/09/17
Sede: Instalacións da Delegación FGB. Hora: 20.00 h

Ourense – 20/09/17
Sede: Edificio Administrativo Xunta de Galicia (Salón de actos). Hora: 19:00-20:30

Vigo – 21/09/17
Sede: Casa do Deporte Vigo (Salón de Actos). Hora:19:00-20:30

Arousa – 22/09/17 
Sede: Auditorio Municipal de Vilagarcía. Hora:19:00 – 20:30

Ferrol – 26/09/17
Sede: Instalacións Colexio de Santiago Apóstol. Hora: 19:00 – 20:30

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram