O CETI Autonómico, de regreso a A Estrada

A actividade do Programa de Tecnificación FGB no seu nivel autonómico reactívase este domingo, 17 de abril; con triple convocatoria na localidade de A Estrada.

No Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro, sede xa habitual para o traballo técnico FGB, daranse cita na indicada xornada dominical para exercitarse en tres pistas e reforzar as tarefas de seguimento e avaliación das que son parte dentro da dinámica federativa.

Nos documentos que achegamos remítense as tres convocatorias completas cos datos de todos oz xogadores e xogadoras citados baixo o seguinte plan horario:

17/04/16

Grupo Feminino 2001

10:00 h a 12:00 h e de 16:00 h a 18:00 h

Adestrador: Denis Pombar (Santa Baia Boiro).

Grupo Feminino 2005

12:00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 20:00 h

Adestradores: Román Gómez (Maristas Coruña), Agustín Arcos (Universitario Ferrol) e Christian Bustelo (Santa Baia Boiro).

Grupo Masculino 2005

10:00 h a 12:00 h e de 16:00 h a 18:00 h

Adestradores: Carlos Maceiras (FGB), Iván Villaverde (CB Artai) e Pablo López (C.B. Peixegalego).

Esta convocatoria completarase o vindeiro domingo, 24 de abril, coa celebración do CETI correspondente ao grupo 2001 en categoría masculina.

 

CETI 2005 Masculino: 17/04/16
CETI 2001 Feminino: 17/04/16
CETI 2005 Feminino: 17/04/16

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram