A Área Deportiva FGB activa unha nova convocatoria do Programa de Tecnificación 2016 – 2017 na súa categoría Autonómica, agrupando de novo a xogadores e xogadoras chegados de toda Galicia e pertencentes á xeración 2004.
A cita desta nova actuación no ámbito dos CETIS autonómicos celebrarase o vindeiro martes, 6 de decembro; en Santiago de Compostela da man de dous técnicos colaboradores permanentes da estrutura FGB; Samuel Conde (CB Allariz) e Cristino Menor (Estudiantes de Lugo).
O total de xogadores e xogadoras chamados a participar nesta tarefa de adestramento puntual e avaliación técnica pode consultarse nos documentos que se achegan.
Grupo Feminino 2004 – 06/12/16
Pavillón: Restollal (Santiago de Compostela)
Horario: 16:00 h a 18:00 h
Adestrador: Samuel Conde Conde (C.B. Allariz)
Grupo Masculino 2004 – – 06/12/16
Pavillón: Restollal (Santiago de Compostela)
Horario:18:00 h a 20:00 h
Adestrador: Cristino Menor Parra (Estudiantes Lugo)
CETI 2004 Masculino – 06/12/16
CETI 2004 Feminino – 06/12/16