O Campionato Galego de Clubs U17 3×3, en acción

Campionato Galego de Clubs U17 3×3 chega este mércores, 17 de maio; a Boiro, da man de CB Santa Baia e Concello de Boiro.

Será a primeira edición deste Campionato Autonómico, que abre a porta da competición federada 3×3 no ámbito dos clubs.

O escenario da mesma será o Pavillón do CEIP Instituto Santa Baia, contando con retransmisión en directo vía FEGABA TV (en horario de tarde) e coa presencia especial do embaixador FEB, Fernando Romay.

13 equipos categoría masculina e 5 en categoría feminina buscarán o título de Campións Galegos e a clasificación para o Campionato de España, con 2 prazas dispoñibles por categoría.

U17 Feminina –  Clubs participantes: Jealsa CB Santa Baia, Cafés Candelas Ensino, Institutos de Compostela Xunta de Galicia, Estudiantes Lugo Rio de Galicia e PBB.

U17 Masculina – Clubs participantes: Jealsa CB Santa Baia, Nexo 8 ETT Novobasket, Marín Peixe Galego, Cafés Candelas Ensino,  Estudiantes Lugo Rio de Galicia (2 equipos), CB Rianxo (2 equipos), Sociedad Deportiva Tui, Institutos de Compostela Xunta de Galicia, EDO Blanco Amor, PBB e Seis do Nadal.

Os equipos femininos competirán encadrados en un único grupo. Pola súa banda, a competición masculina repartirase en tres grupos de xogo, dando paso ás cruces clasificatorias decisivas na xornada de tarde.

O Campionato, en horario de tarde, poderase seguir en directo vía FEGABA TV:

PISTA 1 

PISTA 2

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram