O Campionato Endesa de clubs Júnior Feminino xa ten calendario

Este mesmo martes realizouse o sorteo do calendario do Campionato Endesa de clubs Júnior Feminino, que se disputará do 8 ao 14 de maio nas localidades guipuzcoanas de Donostia, Hondarribia, Tolosa, Azkoitia e Azpeitia.

Real Club Celta Baloncesto, campión galego; e Durán Maquinaria Ensino, Subcampión; representarán a Galicia nesta cita encadrados nos seguintes grupos de xogo:

phoca thumb l img 1778rec

Grupo C: Loiola Indatxu 98 (Campión País Vasco), Movistar Estudiantes (2º Clasificado Madrid), R.C. Celta de Vigo e C.B. Conquero (1º de Andalucía)

IMG-20160426-WA0016

Grupo H: Durán Maquinaria Ensino, CD Grupo 76 Alkasar (Campión Castilla La Mancha), CD Basket Mar Grupo (Campión Asturias) e Academia Manacor (2º clasificado Islas Baleares)

O calendario completo, co seus cruces de xogo e horarios detallados, pode consultarse AQUÍ.

Novidades (info: FEB)

Dúas novidades importantes terán os Campionatos de España de Clubs 2016. Por unha banda a empresa enerxética Endesa reforza coa súa presenza os torneos que determinan o campión de España. Doutra banda hai un cambio no sistema de competición para evitar partidos desiguais. Dos Grupos A, B, C e D (establecidos como cabezas de serie) clasificaranse tres equipos a oitavos de final cos campións dos Grupos E, F, G e H.

Unha variante técnica que pretende que todos os partidos teñan a máxima igualdade aínda que se mantén a opción de loitar polo título para todos os equipos. Os días 8, 9 e 10 maio xogaranse a fase de grupos. O 11 será o día dos oitavos de final, o 12 de maio disputaranse os cuartos, mentres que as semis serán o 13. Por último a gran final e a loita polo bronce xogaranse o sábado 14 de maio.

 

Campionato Endesa Júnior Feminino 2016

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram