O Campionato de Seleccións Autonómicas Mini xa ten calendario

Galicia acaba de coñecer cales serán os seus rivais no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Minibasket, cita a celebrar entre o 24 e 28 de marzo na súa sede tradicional: San Fernando (Cádiz).

Os combinados galegos competirán ambos encadrados en categoría Especial xunto aos seguintes rivais na fase previa:

Especial Masculino Grupo B

Galicia, Madrid, Castela León, Andalucía e Murcia.

Especial Feminino Grupo B

Galicia, Madrid, Castela León, Cantabria e Andalucía.

Preparando o obxectivo
E mentres este campionato nacional non chega, toca seguir trazando o camiño cara el, completando o cadro de concentracións marcado no inicio de temporada e que este mesmo domingo, 25 de febreiro; levará ás preseleccións a repetir visita a súa sede habitual de adestramentos en A Estrada para afrontar xornada de traballo.

XXXI Campionato de España de Seleccións Minibasket: calendario
Preselección Galega Minibasket Feminina: 25/02/18
Preselección Galega Minibasket Masculina: 25/02/18

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram