O Campionato de Clubs Júnior Feminino de Guadalajara xa ten calendario

Guadalajara será a sede do Campionato de España Junior Feminino de clubs, que se disputará do 11 ao 17 de maio. Este martes celebrouse o sorteo dos 32 equipos clasificados.

Os 32 equipos participantes no Campionato de España Júnior Feminino xa teñen sorteo de grupos e calendario. Guadalajara volve ser sede dun Campionato de España que se disputará do 11 ao 17 de maio en varios pavillóns da cidade alcarreña.

Divididos en 8 grupos de catro equipos cada un, os dous primeiros clasificaranse directamente para os oitavos de final. O Gran Canaria 2014, actual defensor do título, venceu nos seis últimos campionatos disputados. En representación galega teremos a o campión e subcampión da Liga FGB Júnior Feminina, Celta Selmark e Peleteiro, respectivamente. 

Esta é a composición dos grupos:

GRUPO A: Gran Canaria 2014, UVA Ponce, Peleteiro e Grupo 76 Alkasar.

GRUPO B: Femeni Sant Adriá, BF San Blas Alicante-Motoval, GPB Badajoz e DKV El Puerto.

GRUPO C: Uni Girona, Aros 100%, Selaya Casa El Macho e RC Naútico Tenerife.

GRUPO D: Mac Place Real Canoe, Movilquick Azpeitia ISB, Perfumerías Avenida e Nou Basquet Femeni Castelló.

GRUPO E: Basket Almeda, CN Helios, Tuenti Móvil Estudiantes e Basket Mar.

GRUPO F: Rivas Ecópolis, Zast, CTEB e Basket Cartagena.

GRUPO G: Ros Casares, Celta Selmark, ADEBA e CB Binisalem.

GRUPO H: Isla Única Tenerife, Aramóvil CIA de María, 1º Navarra e CEBA Guadalajara.

Accede ao calendario completo

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram