Consulta a continuación os resultados e datos principais dos encontros a desputar por Galicia na Fase de Grupos deste #INF2015Basket.
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS #INF2015Basket – ZARAGOZA (2 ao 6 de abril 2015)
Árbitros CGAB designados #INF2015Basket
FEMININO – Especial “B”: Galicia, Canarias, Andalucía, Comunidade Valenciana, Castilla León
02/04/15 – 1º Xornada
(12:00 h) GALICIA – Canarias (CDM Siglo XXI A) (46 – 59) (Estatística)
Indeciso comezo para as galegas neste #INF2015Basket. O equipo que dirixe Nacho Silva estreouse dominado polos nervos e, como consecuencia directa, inevitables erros e imprecisións que soubo administrar correctamente o equipo Canario. A primeira metade de encontro foi territorio ganado para as rivais, moi frescas e hábiles nas súas decisións en pista.
Ao regreso dos vestiarios Galicia amosou outra faciana, a necesaria quizáis para buscar un marcador máis axustado. Engadindo algo máis de ritmo e cabeza, Galicia parecía querer máis, pero non era quen de materializalo. Canarias seguía a defender ao máximo os seus intereses, e tanto así, que os rubricaba no 46 – 59 definitivo.
(12:00 h) Comunidad Valenciana – Castilla León (CDM Siglo XXI B) (46 – 59) (Estadística)
2º Xornada
(19:30 h) Canarias – Comunidad Valenciana (PM DE Cuarte) (63 – 50) (Estatística)
(19:30 h) Andalucía – GALICIA (CDM Siglo XXI B) (70 – 42) (Estatística)
Sabor negativo o que deixou o segundo enfrontamento do día para Galicia. Ante unha Andalucía físicamente moi superior, destacando a diferenza en altura, o equipo de Nacho Silva comezou forte pero, a pesares de intentar sacar todos os seu recursos, non foi que de frear o elevado ritmo de xogo rival. A pesares dun prometedor comezo, con rápidas anotacións para as nosas, esta poderosa reacción inicial desdibuxouse ao longo dos minutos, aumentando as diferenzas numéricas e a brusquedade do xogo ata o insalvable 70 – 42 final.
O combinado infantil feminino dencansa agora para tentar sumar mañá ante Comunidade Valenciana unah vitoria de vital importancia.
03/04/15 – 3º Xornada
(12:00 h) Castilla León – Canarias (CDM Siglo XXI B)
(12:00 h) Comunidad Valenciana – Andalucía (Pav.José Garcés)
4º Xornada
(19:30 h) GALICIA – Comunidad Valenciana (Pav. José Garcés) (37 – 43) (Estatística)
Tarde aciaga para os intereses galegos no apartado feminino. A Comunidade Valenciana resultou un duro rival, confirmando o que xa se prevía sobre o papel. Nun encontro correoso, as de Nacho Silva precisaban unha vitoria que dera aire ás súas posibilidades dentro do grupo. Pero non puido ser.
Valencia presentou unha proposta sólida ante a que, a pesares de aguantar desde a defensa e mesmo axustar o electrónico a favor na maior parte do partido, Galicia non foi quen de rematar en positivo.
A tensión e o ritmo de xogo deixaron para o último cuarto a decisión. Cun marcador en plena igualdade (33- 33) e os folgos físicos xa baixos en ambos os casos, os derradeiros cinco minutos determinaron o trunfo rival. As galegas aguantaron na loita ata os 60 segundos finais (37 -37), instantes nos que Valencia gozaba do acerto en tiro preciso e arranxaba o encontro.
(19:30 h) Andalucía – Castilla León (Pav. Cadrete) (54 – 62) (Estatística)
04/04/15 – 5º Xornada
(12:00 h) Castilla León – GALICIA (CDM Siglo XXI B) (47 – 54) (Estatística)
(12:00 h) Canarias– Andalucía (CDM Siglo XXI A) (79 – 64) (Estadística)
MASCULINO – Preferente “C”: Galicia, Melilla, Murcia, Cantabria e Ceuta.
02/04/15 – 1º Xornada
(10:00 h) Melilla – GALICIA (PM DE Cuarte) (46 – 83) (Estadística)
Primeiro Obxectivo cumprido para o equipo que dirixe Ricardo Aldrey. Melilla supoñia a única cita deportiva do xoves para Galicia, que sabía do importante de comezar con vitoria. E así foi, pero non sen traballo. Diante dos infantís galegos presentouse unha grata Melilla, ben posicionada e elevando ao máximo os seus intereses.
Sempre por diante no electrónico, e marcando o tempo de partido, Galicia foi sumando os puntos necesarios para obter a vantaxe obrigada para poder manter a calma neste tipo de partidos de inauguración. Con todo, e a pesar do (46 – 83) final, o cadro técnico tivo a oportunidade de anotar aspectos a mellorar de cara a dobre quenda de xogo deste venres, data na que agardan xa Murcia e Cantabria.
(10:00 h) Ceuta – Región de Murcia (Pavillón José Garcés) (10 – 60) (Estatística)
2º Xornada
(17:30 h) Cantabria – Ceuta (Pav. Cuadrete) (63 – 12)
(17:30 h) Región de Murcia – Melilla (Alberto Maestro) (89 – 38) (Estatística)
03/04/15 – 3º Xornada
(10:00 h) GALICIA – Región de Murcia (PM DE Cuarte) (52 – 67) (Estatística)
Partido bronco e con saldo negativo para Galicia. Os de Ricardo Aldrey non saíron todo o axustados que era preciso para frear a unha potente Murcia, un equipo ben construido. Un primerio parcial notable dos pimentoneros (12 -24) presaxiaba xa o que ía costar sacar adiante o encontro, tónica esta que se mantivo nos segundos dez minutos, a pesares de contar con maior fortaleza galega, a cal axudaba a restar diferencias.
A renovación do xogo tras o descanso decantou a balanza debido a un terceiro cuarto no que todo pasou. Dúas técnicas a Ricardo Aldrey situárono fóra da pista, situación sumanada á retirada de Víctor Arufe, por golpe fortuíto no xemelgo.
Neste novo panorama, o equipo continuou sen baixar os brazos, conscientes da importancia de seguir coa actitude combativa ata o final e recurtar puntos nun marcador que pode ser importante no global da Fase Previa. Ao remate, e non sen esforzo, Galicia sufría a súa primeira derrota deste #INF2015Basket.
(10:00 h) Melilla – Cantabria (CDM Siglo XXI B) (19 – 69) (Estatística)
4º Xornada
(17:30 h) Cantabria – GALICIA (Pavillón José Garcés) (53 – 58) (Estatística)
Bo peche de xornada para Galicia, equipo que a estar horas continúa con opcións a obter unha praza na prezada loita polo ascenso.
Ante Cantabria, os pupilos de Ricardo Aldrey souberon resarcirse da derrota matutina e coller as rendas do seu particular esquema de xogo. Nun encontro que comezou marcado polas idas e voltas en tónica de igualdade, o cansazo no tardou en facerse notar en ambos os bandos. O ritmo lento estendíase ata o terceiro cuarto, intre no que aínda seguía custando abrir distancia no marcador.
Cun bo papel de todo o bloque, e exercitando a paciencia para poder administrar os últimos dez minutos, os galegos sumaban as canastras que os facían axustados pero xustos vencedores do duelo.
(17:30 h) Ceuta – Melilla (PM DE Cuarte) (47 – 75) (Estatística)
04/04/15 – 5º Xornada
(10:00 h) GALICIA – Ceuta (PDM Torres Berellén) (68 – 25) (Estatítica)
Partido sen complicacións para o equipo de Ricardo Aldrey. En horario madrugador e como previa a unha importante tarde de Competición, Galicia superou sen maiores problemas a unha Ceuta que quixo competir e buscar as súas opción. Pero os nosos, concentrados en todo momento, non se permitiron amosar fisuras e deixaron patente a súa superioridade con certa tranquilidade.
Ao remate un tenteo positivo e agardar resultados de cara ás posibilidades de xogo en horariode tarde. Na mente, a loita por unha praza de ascenso.
(10:00 h) Región de Murcia – Cantabria (Pavillón José Garcés) (61 – 23)
LIGAZÓNS DE INTERESE
Páxina Oficial #INF2015Basket