O Campionato de España Infantil Masculino regresa a Cambados

(Foto: FEB)
(Foto: FEB)

A Federación Galega de Baloncesto concede a a Xuventude Baloncesto a organización do Campionato de España de Clubs Infantil Masculino. O equipo de Cambados repite por segundo ano consecutivo como anfitrión desta Campionato, dato que amosa a confianza da FGB na súa xestión, avalada polo éxito colleitado nesta mesma sede na edición do 2014.

A vila de Cambados volverá a ser o referente principal para unha competición que mobilizará entre os días 14 e 20 de xuño a 32 equipos de todo o territorio e a preto de 3500 persoas. Unha cita, pois, cun retorno deportivo e económico de alto calado. 

A renovada elección de Club Xuventude Baloncesto como eixo para o Campionato de España Infantil Masculino súmase á designación xa publicada de Pontevedra como cidade sede para este mesmo torneo en categoría feminina e a celebrar nas mesmas datas. Galicia e a Federación Galega de Baloncesto dobran así a súa achega ao baloncesto base de ámbito nacional, agardando repetir o grado de satisfacción amosado por todos os participantes en pasadas edicións.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram