O sorteo celebrado na tarde de hoxe no Concello de Cambados, sede principal da competición, determinou os grupos de xogo para a Fase Final do XXXV Campionato de España Infantil Masculino de Clubs, que se celebrará do 15 ao 21 de xuño na citada vila de Cambados, contando tamén coas localidades de Vilanova de Arousa e Meaño como subsedes.
Nesta cita contaremos coa participación de tres equipos galegos: Carballo Basket, Rosalía de Castro e Seis do Nadal. Os nosos tres representantes, así como restantes clubs participantes poden consultar a continuación, no documento que se achega, os seus grupos de xogo, sedes e horarios.