O Campionato de España de Seleccións Infantís e Cadetes xa ten calendario

(Foto: FEB)

A Federación Española de Baloncesto deu a coñecer este venres o cadro de xogo para esta cita, que terá lugar entre o tres e sete de xaneiro en diferentes localidades da provincia de Huelva.

Coa publicación do calendario e ruta da competición, coñecemos tamén cales serán os primeiros rivais galegos na Fase de grupos inicial.

Así, as nosas catro seleccións abrirán a súa participación ante os seguintes compañeiros de grupo:

Categoría Cadete Feminina – Grupo F
Galicia, Aragón e Baleares.

Categoría Cadete Masculina – Grupo A
Galicia, Asturias, Extremadura e Madrid.

Categoría Infantil Feminina – Grupo A
Galicia, Rioja, Baleares e Cataluña.

Categoría Infantil Masculina – Grupo A
Galicia, Cantabria, Asturias e Madrid.

Calendario Infantil – #KDTINF23
Calendario Cadete – #KDTINF23

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram