O cadro de honra das Competicións FGB 2013 – 2014 segue crecendo

O palmarés das Ligas da Federación Galega de Baloncesto para a vixente temporada 2013 – 2014 segue a sumar equipos campións.

Se a pasada fin de semana era a competición júnior de 1º División a que abría o cadro de honra, nestas datas podemos proclamar oficialmente e felicitar a novos campións para as ligas: Clínica Gaias 1º División Masculina, 1º División Autonómica Feminina, 2º División Masculina e 2º División Sénior Feminina.

Básquet Coruña, Universitario Campus Ourense, Peleteiro e C.B. Burela, respectivamente, son os novos líderes oficiais destas competicións, tendo recibido todos, a excepción de Básquet Coruña que o fará en vindeiras datas, o trofeo que os acredita como Campións.

Así, e entre a lóxica ledicia de ser os novos dominadores de cada categoría recibiron a súa copa:

1º División Autonómica Feminina

Campión: Universitario Campus Ourense
Subcampión: C.B. Arxil

2º División Masculina

Campión: Peleteiro
Subcampión: Sigaltec

2º División Sénior Feminina

Campión: C.B. Burela Pescados Rubén
Subcampión: Seis do Nadal Coia

Na GALERÍA DE IMAXES está xa activo o album no que ollar as mellores imaxes dos Campións e Subcampións coas súas respectivas Copas.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram