O C.B. Arxil activa o seu “XI Día do Baloncesto – 3×3 na Rúa”

O C.B. Arxil saca de novo o Baloncesto á Rúa no seu tradicional “Día do Baloncesto – 3×3”, actividade a celebrar neste caso, na súa XI edición, o vindeiro mércores, 13 de xuño de 2012.

Facendo da pontevedresa Avenida Montero Ríos, un excelente escenario para a práctica deportiva, o C.B. Arxil organizará nesta data un torneo “3×3” no que tomarán parte os colexios CEIP San Benito de Lérez, CEIP Campolongo, CPR Plurilingüe Ntra. Sra.de los Dolores, CPR Calasancio e CPR San José.

De 09.30 h a 13.30 h o club pontevedrés activará os seus mecanismos para dar cobertura a unha elevada cifra de participantes pertencentes aos centros anteriormente indicados, unha nutrida representación de xogadores mini e premini, da que se agarda que se achegue á cantidade rexistrada na convocatoria do 2011, con preto de 600 xogadores.

E para que todos eles reciban un grato recordo da súa participación neste “XI Día do Baloncesto – 3×3 na Rúa” tanto a Federación Galega de Baloncesto como diferentes institucións entre as que se atopan o Concello de Pontevedra, a Deputación provincial, Coca Cola ou o Diario de Pontevedra, entre outros, achegarán o seu grao de area. O obxectivo de todos: que este mércores o baloncesto máis novo sexa o referente.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram