O Breogán dispón descontos especiais nos seus abonos para federados

O club lucense presenta unha atractiva campaña de abonados para unha nova tempada en Adecco Ouro que empeza este mesmo sábado, en casa, ante Unión Financeira Baloncesto Oviedo (19.15 h).

O CB Breogán quere premiar aos baloncestistas máis novos coa posibilidade de adquirir un abono para esta tempada 2013 – 2014 a un prezo moi vantaxoso.

En virtude deste obxectivo, todos os xogadores e xogadoras ata categoría júnior que presenten a súa ficha ou documento que acredite que se atopan federados en Galicia, terán unha redución do 50% no seu carné de tempada.

Será imprescindible presentar a documentación no momento de darse de alta e o desconto aplicarase sobre a tarifa do grupo de idade ao que pertenza o interesado (Infantil ou Mozo).

A información de tarifas está dispoñible na web do club: www.cbbreogan.com

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram