O Baloncesto Galego, recoñecido nas Distincións ao Mérito Deportivo 2023

As distincións concédense en recoñecemento da labor ou traxectoria no ámbito deportivo de Galicia, así como pola contribución ao fomento do deporte na Comunidade. 

Ledicia a deste xoves, 25 de xaneiro; ao coñecer as distincións ao MÉRITO DEPORTIVO 2023 que a Xunta de Galicia outorgará o vindeiro martes, día 30; en Ferrol.

Entre os 108 premiados coa máxima condecoración do Deporte Galego, o noso Baloncesto conta cunha representación que nos enche de especial orgullo.

Comezando polo noso Presidente de Honra, Francisco Martín, que dirixiu esta Federación entre o anos 2006 e 2023, o Baloncesto Galego queda impecablemente recoñecido:

Provincia de A Coruña
Tonecho Lorenzo (actual Delegado en Santiago FEGABA).
Miguel Juane (actual xuíz único do Comité de Competición FEGABA).
OAR FERROL
Obradoiro CAB

Provincia de Lugo
Juan Quiñoá Blanco (Recoñemento a título póstumo)
“Fran” Vázquez González

Provincia de Ourense
Julio Feijóo Pardo
José Luis Estévez Camiña
Diego Ocampo Vázquez

Provincia de Pontevedra
Maite Méndez Fernández
José Antonio Martínez Terzado

O vindeiro martes teremos a honra de vivir en persoa a cerimonia de entrega e recoñecer in situ a achega de todos e todas ao Baloncesto Galego, así como o seu legado.

Os nosos parabéns!

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram