O Baloncesto Galego, no XXXII Clínic Arbitral Euroleague

Os colexiados galegos internacionais, Miguel Ángel Pérez, Director técnico do Comité Galego de Árbitros; e Carlos Cortés, participaron no 32 Stage de pretemporada arbitral da Euroliga.

Esta cita, celebrada en Eslovenia, establécese como o primeiro gran paso preparatorio dunha nova temporada para a arbitraxe do Baloncesto ao máis alto nivel.

A presenza de ambos os nosos colexiados CGAB supón un orgullo para o Deporte Galego e unha representación implecable para a nosa arbitraxe.

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram