O Baloncesto Galego di NON á violencia contra as mulleres

O Baloncesto Galego do NON

Francisco Javier García Linares, Director de AQUALIA en Galicia; Julio Bernárdez, Presidente da Federación Galega de Baloncesto; e Susana Fernández; Directora Xeral da Federación Galega de Baloncesto, portando as pulseiras coa mensaxe da campaña “O Baloncesto Galego di NON”. 

– A Federación Galega de Baloncesto (FGB), en colaboración con AQUALIA, activa a campaña “O Baloncesto Galego di NON”.
20.000 pulseiras co lema “O Baloncesto Galego di NON”, que lucirán todos os xogadores e xogadoras galegas de Baloncesto, así como os adestradores, árbitros e oficiais de mesa, protagonizan a iniciativa.
– A acción conta co apoio dos equipos galegos de categorías nacionais, tanto ACB como da propia Federación Española de Baloncesto (FEB); así como dos árbitros AEBA e de personalidades do deporte e da cultura.

A Federación Galega de Baloncesto, en colaboración con AQUALIA, activa a campaña “O Baloncesto Galego di Non“.

No marco da celebración este sábado, 25 de novembro; do Día Internacional da Eliminación da Violencia contras as Mulleres, ambas as entidades unen forzas para deixar claro o rexeitamento por parte do Baloncesto Galego á violencia de xénero.

A iniciativa repartirá un total de 20.000 pulseiras moradas co lema “O Baloncesto Galego di NON” entre todos os federados do Baloncesto autonómico, os cales as lucirán nos partidos oficiais a celebrar en toda Galicia este sábado e domingo, 25 e 26 de novembro.

Os equipos galegos de categoría ACB, así como todos os clubs das diferentes categorías nacionais (FEB) e autonómicas (FGB) implicaranse de cheo neste acto simbólico, transmitindo así os valores do deporte e a súa tolerancia cero ante a violencia. A campaña conta tamén coa colaboración da Liga Endesa e da AEBA, que farán posible que todos os árbitros que dirixan os encontros de categoría ACB nesta fin de semana porten a pulseira.

Apoio en redes sociais da man de destacadas deportistas, así como de personalidades da cultura completarán a proxección da campaña.

Aqualia, compromiso e solidariedade

Aqualia, empresa especializada na xestión do ciclo integral da agua; está involucrada activamente na loita contra a violencia de xénero desde fai anos.

Agora, amosa o seu compromiso coas vítimas desta lacra a través da iniciativa en colaboración co Baloncesto Galego, e tamén mediante un novo reto na súa web: www.aqualiacontigo.comBaixo o lema “Gotas de Solidariedade”, Aqualia anima aos usuarios a visualizar o seu apoio subindo fotos que amosen como se unen por esta causa a través da agua.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram