O Babybasket despide a temporada da súa consolidación

O formato “BabyBasket” di adeus este sábado, 26 de maio; desde A Estrada a súa segunda temporada de vida a nivel autonómico. Tras celebrar numerosas concentración ao longo de toda Galicia, dende o inicio do ciclo competitivo 2017 – 2018, esta proposta de baloncesto 4 x 4 para a aprendizaxe dos xogadores e xogadoras máis novos, de entre seis e oito anos.

 

Na cita deste sábado, que contará cunha pista en exclusiva no Pavillón Municipal Coto Ferreiro; participarán 10 equipos, inscritos para a ocasión: Montrove Blanco, CAB Pontevedra, Esclavas, CB Dorna, Obradoiro CAB, La Academia Celta, Estradense, Estudiantes Pontevedra, Carmelitas e Santo Domingo Betanzos.

Serán un total de 17 partidos que se estenderán de 16.00 h a 19.30 h e que contarán ademáis co reforzo de ocio extradeportivo, da man de hinchables e tempo de lecer compartido.

Galería de Imaxes 2017 – 2018 

Babybasket 26/05/18: calendario xornada de clausura

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram