Cinco Pavillóns repartidos por toda Galicia vivirán este domingo, 29 de xaneiro, unha nova cita coa APOSTA, con maiúsculas, da Federación Galega de Baloncesto para esta temporada 2016 – 2017: o Babybasket.
Babybasket 2016 – 2017: Galería de Imaxes
O Baloncesto da ilusión e a aprendizaxe, orientado a nenos e nenas nados na franxa 2009 – 2011, está a viaxar por toda a xeografía galega da man de clubs, colexios e escolas municipais.
Dende Xinzo de Limia ata Sarria e Cambados, ou amosando a súa capacidade e potencial en cidades como Vigo ou Ferrol, entre outras; o Babybasket leva disputadas nesta temporada diferentes concentracións, todas grazas ao esforzo de clubs organizadores e equipos participantes.
Este formato, concebido para 4×4, e cun marcado carácter non competitivo, é xa un referente a seguir para a Federación Galega de Baloncesto, leda da implantación e expansión que está a ter esta iniciativa por toda a Comunidade Autónoma. Os xogadores e xogadoras máis novos están a ser partícipes da cara máis necesaria do Basket, aquela que implica fomentar a práctica do deporte e fai crecer nos valores que este transmite.
O BabyBasket en Ourense
Estas características volverán de novo á pistas galegas este domingo, 29 de xaneiro, data na que se vivirán cinco novas xornadas de Babybasket, algunhas de estrea, como en Santiago, e outras continuando a senda xa iniciada nos pasados meses con cifras de participación notorias e con aspiracións de ir a máis.
Convocatorias – 29/01/17
Delegación Santiago (Organiza Basket Ames. Pavillón Municipal Milladoiro). En xogo: Basket Ames, Galogrín, Fontiñas, Cluny, Peleteiro e Compañía de María.
Delegación Coruña (Organiza: CB. Culleredo. Polideportivo Ría do Burgo). En xogo: CB. Culleredo, Club Baloncesto Artai, Dominicos, Pequebasket Xiria, Franciscanos, Emilia Pardo Bazán – Los Rosales, Esclavas, Liceo La Paz e Jesuitinas.
Delegación Vigo (Organiza CB Defensores do Morrazo. Pavillón San Roque. Cangas) En xogo: Defensores do Morrazo, Apóstol, Novobasket, Colexio García Barbón, R.C Celta e Colexio Salesianos.
Delegación Lugo (Organiza C.B. Sarria. Sarria): En xogo: Frei Luis de Granada, CPR Nosa Señora da Asunción, Colexio La Merced, CEIP San Miguel de Paradela e CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.
Delegación Arousa (Organiza: Xuventude Baloncesto. Pavillón O Pombal. Cambados). En xogo: Xuventude Baloncesto, CAB Pontevedra e C.B. Dorna.
Completan o proxecto Baby Basket as Delegacións de Ourense e Ferrol que este domingo non celebran concentración pero xa levan tras de sí varias xornadas desfrutando con varios equipos todo o mellor desta APOSTA, á que á Federación Galega de Baloncesto convida a unirse a todos aqueles clubs ou entidades que ainda non están inmersas.
Delegación Ourense. En xogo: Bosco Salesianos, CB Allariz, Pavillón Ourense, AB Xinzo, Muebles Victoria Barco, Depordima Friavanso e CB Maside e Bball Ourense.
Delegación Ferrol. En xogo: Universitario Ferrol, Santiago Apóstol e CB As Pontes.