O Babybasket amplía territorio

CB Nigrán
CB Nigrán

Colexios pertencentes a localidades como O Incio, Paradela ou Oural, na provincia de Lugo; e varios clubs das provincias da Coruña e Pontevedra, tanto da zonal FGB de Santiago como de Ferrol, terán a oportunidade esta fin de seman de recoller a testemuña do Babybasquet, competición que continúa a espallar as boas sensacións en cada unha das súas paradas, cada vez abarcanado un territorio maior. 

Galería de Imaxes: Babybasket 2017 – 2018

Tres delegacións FGB, Santiago, Lugo e Ferrol; estréandose esta última neste formato na presente temporada; son as implicadas para a quenda deste sábado e domingo, 27 e 28 de xaneiro; citas ademáis que, como xa é habitual, levaranse a cabo gracias a indispensable colaboracións dos clubs. Neste caso: C.B. Sarria, Universitario Ferrol e EDM Baloncesto A Estrada.

O programa en concreto para esta derradeira fin de semana de xaneiro desgránase do seguinte xeito:

Delegación FGB Lugo (Organiza C.B. Sarria) – 27/01/18
Pavillón Novo Chanto Hora: 10.15 h – 11.40 h.

Delegación FGB Ferrol (Organiza Universitario Ferrol) – 28/01/18
Pavillón: Col. Esteiro (Ferrol) Hora: 16.30 h – 18.00 h.

Delegación FGB Santiago (Organiza EDM Baloncesto A Estrada) – 28/01/18
Pavillón Municipal. Hora: 10.00 h – 13.30 h.

Galería de Imaxes: Babybasket 2017 – 2018

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram