O “All Star” Galicia celebra a súa 3ª edición

Chega a edición 2017 do “All Star” Galicia”. Esta particular competición, nada no ano 2015, vivirá o vindeiro luns, un de maio; a súa terceira temporada consecutiva como actividade reforzo do programa de tecnificación FGB.

Coa colaboración do Concello de Boiro e C.B. Santa Baia, a Federación Galega de Baloncesto reunirá a un total de 21 xogadores e 20 xogadoras do 2004, participantes durante a temporada no Centros de Tecnificación, e que afrontarán unha nova xornada de traballo baixo un matiz especial.

No pavillón de Santa Baia, os convocados disputarán dous partidos amigables en formato Zona Norte vs Zona Sur, permitindo así aos técnicos FGB continuar coas labores de avaliación e seguimento dos xogadores e xogadoras desta xeración.

O programa concreto de xogo permitirá ver en acción en primeiro lugar á categoría feminina (16.30 h) e, posteriormente, ás 18.30 h, á masculina, dirixidas estas, respectivamente; por Samuel Conde (C.B. Allariz) e Cristino Menor (Estudiantes Lugo).

Nos documentos que se achegan remitimos as listas de xogadores e xogadoras que serán parte deste “All Star” Galicia 2017.

All Star Feminino – 2017
All Star Masculino – 2017

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram