O 4º Día do Pequebasket marcha a todo ritmo

O vindeiro día 15 de abril ábrese o prazo de inscrición para esta festa anual que  Escola Basket Xiria organiza para os nenos e nenas de 5 a 8 anos.

A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a preto de 600 participantes e, en consecuencia, a un gran número de familias que compartirán unha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión que será posible grazas á implicación de institucións como o Concello de Carballo, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, e á colaboración de numerosas empresas e entidades.

O vindeiro 15 de abril abrirase o prazo de inscrición, aínda que xa son moitos os clubs que se interesaron pola iniciativa e de feito confirmaron a súa presenza antes da apertura oficial do prazo de inscrición.

O equipo organizador do 4º Día do Pequebasket leva varias semanas traballando na programación da xornada lúdica, festiva e deportiva que se celebrará o indicado Día das Letras Galegas e xa pronto pechará as actividades que lle darán vida.

Precisamente, dado o éxito e a repercusión que tivo o pasado 3º Día do Pequebasket, que xa está considerado como un evento de referencia autonómica, este ano aumentouse o límite a 49 equipos, dado que para un evento dun só día, non sería posible celebralo con máis equipos.

O formulario de inscrición, que se formalizará a través da Federación Galega de Baloncesto, pódese descargar na web www.diapequebasket.es e unha vez cuberto debe enviarse ao correo galicia2018@fegaba.com con prazo ata o venres 6 de maio.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram