O 17 de Maio, data para a III edición do Pequebasket en Carballo

A Federación Galega de Baloncesto, na persoa do seu presidente, recibiu na tarde do mércores a visita da directiva da Escola Basket Xiria, representada por Marcos Díaz Molk, e o Director Deportivo, Arturo Ferraces.

Este encontro serviu de primeira toma de contacto no obxectivo de coordinar e por en marcha una nova edición, a terceira consecutiva, do Pequebasket, evento xa tradicional do noso Baloncesto e marcado por unha compoñente ben especial, a temprana idade dos seus xogadores e  xogadoras protagonistas.

Nesta reunión inicial, Escola Basket Xiria comunicou a data do 17 de maio como a da celebración deste III Pequebasket, esperando repetir no día das Letras Galegas o éxito de participación e entusiasmo colleitado nos dous anos pasados.

Acollendo con ilusión esta boa nova, o Presidente FGB, Francisco Martín, aproveitou a ocasión para transmitir os seus parabéns pola aposta desta III edición, animando ao club promotor a seguir traballando en prol dos equipos de base e a canteira.

Consulta nesta ligazón as mellores imaxes da II edición do Pequebasket, celebrada en 2014.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram