Novos encontros amigables para as Seleccións Galegas Minis

Recta final para as Seleccións Galegas de Minibasket no seu camiño cara San Fernando (Cádiz), sede do Campionato de España. Dúas fins de semana por diante son a marxe de traballo que lles resta por completar para poñer rumbo a terras andaluzas. A primeira delas, a que está a piques de comezar, a deste 17 e 18 de marzo.

Os xogadores e xogadoras de ambos os nosos combinados autonómicos están chamados a persoarse ás 11.30 h deste sábado na Residencia ACEIMAR, en Vigo, escenario para o seu traballo neste caso.

Alí mesmo terán lugar as sesións de adestramento programadas polas seleccionadoras, Paula Couto e Julia Pena, e un total de catro encontros amigables configurados deste xeito:

Sábado, 17/03/12 – Instalacións Deportivas Residencia ACEIMAR

18.30 h: Selección Galega Minibasket Feminina – R.C. Celta Infantil Feminino
18.30 h: Selección Galega Minibasket Masculina – Seis do Nadal Infantil Masculino

Domingo, 18/03/12 – Instalacións Deportivas Residencia ACEIMAR

10.00 h: Selección Galega Minibasket Feminina -Maristas Infantil Feminino
10.00 h: Selección Galega Minibasket Masculina – Maristas Infantil Masculino

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram