Novos campións para as Ligas FGB

Novos nomes súmanse ao palmarés das Ligas FGB 2012 – 2013. A xornada que vimos de deixar atrás recoñeceu matematicamente aos líderes definitivos da categoría cadete, tanto en masculino como en feminino, así como aos protagonistas finais da Primeira División Autonómica Feminina e da Segunda Sénior Feminina.

Real Club Celta de Vigo recolleu o seu galardón de campión cadete feminino de mans do Responsable da FGB en Vigo, José Luis Pérez. Pola súa banda, en Compostela, Peleteiro recibía a boa nova do seu subcampionato, cuxo recoñecemento en forma de Copa se lle entregará en vindeira datas.

En categoría masculina, e a falla dunha xornada para rematar a competición, Instituto Rosalía materializou matematicamente o seu liderado, e, no seu caso, espera agora a recoller o esperado trofeo de Campión.

Neste mesmo apartado, teremos que agardar ata a derradeira xornada, a desputar esta fin de semana, para coñecer o nome do subcampión.

Segunda Sénior Feminina
A segunda categoría feminina do Baloncesto Sénior FGB viviu tamén este sábado a súa particular festa de final de liga, grazas a un duelo entre C.B. Allariz e C.B. Burela Pescados Rubén que decidía o 1º posto do clasificación. A sorte e o xogo favoreceron as de Ourense e seu foi o trofeo que as acredita como líderes desta liga na presente temporada.

campion liga FGB segunda senior feminina

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram