Novo equipo de traballo para as Preseleccións Galegas Infantís e Cadetes 15 – 16

A Área Deportiva da FGB dá os seus primeiros pasos dentro da planificación da actual temporada. A renovación e designación do cadro técnico das Seleccións Galegas para o novo ciclo competitivo 2015 – 2016 configura a primeira acción determinante da nova etapa.

As categorías Cadete e Infantil, as primeiras en poñerse en marcha; contan desde este mes de setembro cunha renovada estrutura na que se compaxina continuidade e destacadas incorporacións. Un staff técnico íntegrado por 12 persoas comandará o traballo das catro preseleccións galegas nestas idades. A súa será unha intensa andaina da que, en vindeiras datas, coñeceremos a planificación ao completo.

Selección Galega Cadete Masculina
Seleccionador: Miguel Maseda (Universitario Ferrol)
Adestrador Axudante: Nerea Arca (Fedesa Rosalía)
Delegado: Marcos Pereira

Selección Galega Cadete Feminina
Seleccionador: Víctor Fernández (A.D.M. Peleteiro)
Adestrador Axudante: Denis Pómbar (Santa Baia)
Delegada: María Álvarez (Pabellón Ourense)

Selección Galega Infantil Masculina
Seleccionador: Ricardo Aldrey (Recimil Ferrol)
Adestrador Axudante: Rubén Vieira (Club Ourense Baloncesto)
Delegada: Javier Peinó (Estudiantes Lugo)

Selección Galega Infantil Feminina
Seleccionador: Nacho Silva (R.C. Celta)
Adestrador Axudante: Fernán Varela (Estudiantes Lugo)
Delegada: Patricia Gómez (Muebles Victoria O Barco)

Inaugurando o seu calendario de traballo, os 12 responsables de guiar ás preseleccións entrarán en plena actividade esta mesma fin de semana; cinco e seis de setembro; na primeira concentración da 2015 – 2016.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram