Novo contido para o “VI Claustro Docente FGB” en Fegabatv

Fegabatv, a proposta da Federación Galega de Baloncesto na plataforma YouTube, amplía o contido referente ao “VI Claustro Docente FGB”, cita formativa dirixida a adestradores e celebrada en Porriño o pasado decembro de 2016.

Neste primeiro venres de marzo actívase nesta canle a charla impartida por Gonzalo Rodríguez Palmeiro (Adestrador Axudante Obradoiro CAB) en torno a temática: “Defender por convicción”.

A intervención de Gonzalo únese á protagonizada por Lluis Riera (adestrador axudante en Joventut Badalona ACB) e dispoñible para consulta xa en días pasados. O restante contido audiovisual do “VI Claustro Docente FGB” activarase en vindeiras datas:

16/03/17 – “Compoñentes técnicos e tácticos do pase” (Pau del Tio).

30/03/17 – “Traballo Físico integrado na formación do xogador” (Alex De La Vega).

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram